5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska
5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska

O bispo de Tui-Vigo presidirá a misa no Álvaro Cunqueiro con ocasión do día do Enfermo

O bispo de Tui-Vigo presidirá a misa no Álvaro Cunqueiro con ocasión do día do Enfermo

A Igrexa católica celebra o vindeiro xoves 11 de febreiro a Xornada Mundial do Enfermo baixo o lema «Coidémonos mutuamente».

Para celebrar a Xornada Mundial do Enfermo o xoves 11 de febreiro, a delegación de Pastoral da Saúde da Diocese de Tui-Vigo organiza unha misa presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, ás 11 da mañá na capela do hospital Álvaro Cunqueiro. A misa será retransmitida por Youtube a través da canle  Diocese de Tui-Vigo para fomentar a participación de todas aquelas persoas que, por aforo ou por enfermidade, non poidan asistir de maneira presencial.

En España, a Xornada do Enfermo conmemorase en dous momentos diferentes: o 11 de febreiro, coincidindo coa festa da nosa Señora de Lourdes; e o 9 de maio —no calendario litúrxico católico celébrase o VI domingo de Pascua— coa Pascua do Enfermo.

Benito Rodríguez, delegado diocesano de Pastoral da Saúde, nunha carta publicada con motivo da Xornada, explica que o lema deste ano «Coídemonos mutuamente» constitúe «unha chamada urxente a coidar os corazóns cansos, feridos e  desesperanzados, convidándonos a responder con creatividade ao amor dos enfermos, dos coidadores e do persoal sanitario tras un ano de pandemia».

O coidado e acompañamento aos enfermos na Diocese de Tui-Vigo realízase a través de 21 grupos parroquiais de Pastoral da Saúde —15 na cidade de Vigo e 6 nas periferia da Diocese—, 9 congregacións relixiosas con internados e 5 fundacións-asociacións. Ademais, 5 hospitais contan con servizos relixiosos: Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro, Povisa Nicolás Peña e Fátima.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp