Este xoves, 5 de marzo, haberá en Vigo unha xornada sobre migración, para reflexionar sobre a realidade deste fenómeno e o seu impacto en Galicia. O encontro, que leva por título “A realidade migratoria en Galicia. Unha mirada dende a empatía”, vaise organizar en tres mesas, contando ademais cun momento de charla co xesuita Alberto Ares, director do Servizo Xesuita a Refuxiados Europa. Ás 20:00 horas haberá tamén un Círculo de Silencio polas mulleres migrantes na Farola, Urzáiz.
Está organizado por ECCA Social e Entreculturas, e vai ser na sede da Diputación Provincial en Vigo (r/ Eduardo Charo, 17, Casco Vello), de 16:30 a 19:30 horas. Para inscribirse é preciso anotarse na seguinte LIGAZÓN.