26/09/2022

,

San Cosme y San Damián
26/09/2022

,

San Cosme y San Damián

Xornada Pro Orantibus

Xornada Pro Orantibus

O vindeiro domingo, Festa da Santísima Trindade, celébrase en España a XORNADA PROL ORANTIBUS. Unha Xornada para ter especialmente presentes ás que dedican a súa vida para orar por todos nós: as persoas consagradas na vida contemplativa. Este ano, dadas as circunstancias, non pedimos os materiais da Xornada en formato papel, ao non saber con tempo as circunstancias que podían condicionar a celebración desta Solemnidade.

Non se nos pode pasar inadvertida a presenza na nosa Diocese de seis mosteiros de Vida contemplativa feminina: Benedictinas de Trasmañó, Carmelitas de Sabarís, Carmelitas da Roseira, Clarisas de Tui, Dominicas de Baiona e Salesas de Vigo. Grazas a deus, as corenta contemplativas da nosa Diocese viviron estes meses sen sobresaltos de coronavirus e o confinamento para elas non supuxo outra cousa que seguir vivindo a vida ordinaria propia da súa vocación. Sigamos orando por elas, como elas fano por nós permanentemente.

MATERIAIS

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp