21 de Abril de 2026,
San Anselmo

XORNADA VOCACIONAL 2026

XORNADA VOCACIONAL 2026

En torno ao Día do Seminario (22 de marzo) a Delegación de Vocacións da Diocese, organiza dous actividades vocacionais, dirixidas a adolescentes e axentes de pastoral da nosa Diocese. Estas actividades queren axudar a valorar, cultivar e promover a cultura vocacional a través do Encontro con Xesús. Este ano o lema do Día do Seminario é: “Deixa as túas redes e sígueme”

Sábado 14 de marzo

Xornada vocacional “TE ENCONTRÉ”

O sábado 14 de marzo no Seminario Maior de Vigo, de 10:00 a 13:30hrs. se celebrará un encontro para chicos e chicas de 14 anos en diante. Esta Xornada busca xerar un espazo de escoita e acompañamento no que os mozos poidan entrar nunha dinámica de discernimiento que lles axude a responder aos grandes interrogantes da vida, especialmente, aqueles relacionados coa vocación. 

Sábado 21 de marzo

Xornada de Oración e Formación en torno á cuestión vocacional.

Vocacionalizar a Pastoral diocesana

O sábado 21 de marzo o Seminario Maior San Xosé, acollerá de 10 a 13:30hrs. unha xornada vocacional, pensada para os axentes de pastoral da Diocese (sacerdotes, relixiosos/as, profesores de relixión, catequistas, voluntarios de Cáritas, etc).