25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Xornadas de formación de acompañamento aos mariños

Xornadas de formación de acompañamento aos mariños

O Centro  Stella  Maris de Atención ao Mariño de Vigo  organiza os próximos días 4 e 5 de xuño  unhas xornadas de formación sobre escoita e acompañamento ás xentes do mar, dirixidas polo psicólogo do Centro de Humanización da Saúde, Valentín Rodil, baixo o título «Acompañamento aos mariños embarcados en tempos de pandemia». As xornadas organízanse en colaboración con Cáritas, o Centro de Escucha da diocese de Tui-Vigo e a Autoridade Portuaria.

Ambas as actividades impartiranse de maneira presencial no Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria. O venres, a sesión teórica impartirase desde as 17:00 ata as 20:00 e poderá seguirse en  streaming a través da canle de Youtube da diocese de Tui-Vigo. O sábado, de 10:00 a 13:00 horas, os asistentes terá unha xornada práctica exclusivamente presencial.

Para asistir, debido ás limitacións de aforo estipuladas polas autoridades sanitarias, será necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico direccion@stellamaris.com ou a través do número de teléfono 986 202 944.

Con esta iniciativa o  Stella  Maris  convida  a reflexionar sobre a necesidade de acompañamento neste tempo de pandemia, especialmente en escóitaa aos mariñeiros embarcados en situación crítica xa sexa entre outros motivos por soidade, separación familiar ou duelo. Grazas á colaboración do Centro de Humanización da Saúde, os asistentes ao curso dispoñerán de novas ferramenta de acompañamento mesmo telefónico ou telemático.

O Centro de Humanización da Saúde (CEHS) do que é  formador o psicólogo e  teólogo Valentín  Rodil, realiza anualmente preto de 500 actividades de formación, das cales se benefician máis de 20.000 participantes de España, Portugal, Italia e varios países de América Latina a través da plataforma de aprendizaxe virtual  eHumanizar.  Valentín  Rodil  estará presente o  venres e sábado en Vigo tamén coa Unidade Móbil de Atención en Crise e Duelo (UMI) San Camilo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp