«O próximo Xubileu pode axudar moito a restablecer un clima de esperanza e confianza, como signo dun novo renacemento que todos percibimos como urxente. Por esa razón elixín o lema Peregrinos da Esperanza» — Papa Francisco
O papa Francisco sinalou que o Xubileu foi sempre un acontecemento de gran importancia espiritual, eclesial e social na vida da Igrexa. Desde que Bonifacio VIII instituíu o primeiro Ano Santo en 1300 —con cadencia de cen anos, que despois pasou a ser, segundo o modelo bíblico, de cincuenta anos e máis tarde fixado en vinte e cinco—, o pobo fiel de Deus viviu esta celebración como un don especial de graza, caracterizado polo perdón dos pecados e, en particular, pola indulxencia, expresión plena da misericordia de Deus. Os fieis, xeralmente ao final dunha longa peregrinación, acceden ao tesouro espiritual da Igrexa atravesando a Porta Santa e venerando as reliquias dos Apóstolos Pedro e Paulo conservadas nas basílicas romanas. Millóns e millóns de peregrinos acudiron a estes lugares santos ao longo dos séculos, dando testemuño vivo da súa fe perdurable.
O xoves 10 de maio, no atrio da basílica de San Pedro na cidade do Vaticano, tivo lugar a lectura solemne da bula de inicio do Xubileu 2025, que o o papa Francisco titulou Spes non confundit.
«Xubileu» é o nome dun ano particular: parece que deriva do instrumento utilizado para indicar o seu comezo; trátase do yobel, o corno de carneiro, cuxo son anuncia o Día da Expiación (Yom Kippur). Esta festa celébrase cada ano, pero adquire un significado particular cando coincide co inicio do ano xubilar. A este respecto, atopamos unha primeira idea na Biblia: debía ser convocado cada 50 anos, porque era o ano “extra”, debía vivirse cada sete semanas de anos (cf. Lv 25,8‑13). Aínda que era difícil de realizar, propoñíase como a ocasión para restablecer a correcta relación con Deus, coas persoas e coa creación, e conlevaba o perdón das débedas, a restitución de terreos alleados e o descanso da terra.
Citando ao profeta Isaías, o evanxeo segundo san Lucas describe deste mesmo modo a misión de Xesús: «O Espírito do Señor está sobre min; porque el unxiume. Envioume a evanxelizar aos pobres, a proclamar a liberación aos presos, e a vista aos cegos; a lles dar liberdade aos asoballados, a proclamar o ano de graza do Señor» (Lc 4,18‑19; cf. Is 61,1‑2). Estas palabras de Xesús convertéronse tamén en accións de liberación e de conversión nos seus encontros e relacións cotiáns.
Bonifacio VIII, en 1300, convocou o primeiro Xubileu, chamado tamén «Ano Santo», porque é un tempo no que se experimenta que a santidade de Deus nos transforma.
Co tempo, a frecuencia foi cambiando: ao principio era cada 100 anos; en 1343 reduciuse a 50 anos por Clemente VI e en 1470 a 25 anos por Paulo II. Tamén hai momentos «extraordinarios»: por exemplo, en 1933 Pío XI quixo conmemorar o aniversario da Redención e en 2015 o Papa Francisco convocou o ano da Misericordia. Tamén foi diferente o modo de celebrar este ano: na orixe coincidía coa visita ás Basílicas romanas de san Pedro e san Paulo, por tanto, coa peregrinación, posteriormente engadíronse outros signos, como o da Porta Santa. Ao participar do Ano Santo obtense a indulxencia plenaria.
Por vontade do Papa Francisco, os dous anos que preceden ao Xubileu están dedicados, o primeiro, ao redescubrimento do ensino conciliar e, o segundo, á oración.
O Ano do Concilio inaugurouse o 11 de outubro de 2022 coa solemne Liturxia Eucarística no 60.º aniversario da apertura do Concilio Vaticano II, presidida polo Santo Padre.
O 21 de xaneiro de 2024, con ocasión do V Domingo da Palabra de Deus, o Santo Padre convocou o Ano da Oración, para recuperar o desexo de estar na presenza do Señor, de escoitalo e adoralo.
Logodo Xubileu 2025

O logo do Xubileu 2025 non se pode usar con fins comerciais.
Himnodo Xubileu 2025
O texto preparado por Pierangelo Sequeri e musicado por Francesco Meneghello contén numerosos temas do Ano Santo. A versión en español foi adaptada pola Conferencia Episcopal Española e interpretada polo Orfeón «Terra a Nosa» de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Luís Martínez.
Peregrinacións da diocese de Tui-Vigopara o Xubileu 2025
Todos os prezos son por persoa en cuarto dobre, en réxime de media pensión. A saída farase en avión desde Vigo, con escala en Madrid.
Calendario xeraldo Xubileu 2025
Apertura da Porta Santa da Basílica de San Pedro
Xubileu do Mundo da Comunicación
Xubileu das Forzas Armadas, Policía e Corpos de Seguridade
Xubileu dos Artistas
Xubileu dos Diáconos
Xubileu do Mundo do Voluntariado
24 horas para o Señor
Xubileu dos Misioneiros da Misericordia
Xubileu dos Enfermos e do Mundo da Sanidade
Xubileu dos Adolescentes
Jubileo de las Personas con discapacidad
Xubileu dos Traballadores
Xubileu dos Empresarios
Xubileu das Bandas Musicais
Xubileu das Confrarías
Xubileu dos Nenos
Xubileu das Familias, dos Avós e dos Maiores
Xubileu dos Movementos, Asociacións e Novas Comunidades
Xubileu Santa Sede
Xubileu do Deporte
Xubileu dos Gobernantes
Xubileu dos Seminaristas
Xubileu dos Bispos
Xubileu dos Sacerdotes
Xubileu das Igrexas Orientais
Xubileu da Mocidade
Xubileu da Consolación
Xubileu dos Traballadores da Xustiza
Xubileu dos Catequistas
Xubileu dos Migrantes
Xubileu da Vida Consagrada
Xubileu da Espiritualidade Mariana
Xubileu do Mundo Misioneiro
Xubileu do Mundo Educativo
Xubileu dos Pobres
Xubileu dos Coros e Corais
Xubileu dos Presos
ActualidadeXubileu 2025 — Peregrinos da esperanza

A diocese de Tui-Vigo celebra a Pascua do Enfermo e o Xubileu da Pastoral da Saúde
Cada ano, o IV Domingo de Pascua, a Igrexa en España celebra a Pascua do Enfermo, baixo o lema, nesta

A capela do Fogar-Clínica San Rafael estréase como templo xubilar
O 30 de abril, ás 12.00 horas, celébrase a eucaristía de inauguración na capela do centro, que foi decretada templo xubilar.

Decreto do 24 de abril de 2025
O 24 de abril de 2025, o Sr. Bispo instiuíu templo xubilar extraordinario a igrexa-santuario Nosa Señora de Fátima en Vigo

Preto de 40 persoas peregrinaron ao santuario da Franqueira desde A Cañiza
Seguindo os pasos de santa Teresa de Jesús, a peregrinación virou ao redor da oración, como camiño interior de todo cristián.

Peregrinación xubilar A Cañiza – A Franqueira
Será o 22 de febreiro ás 09.00 horas e peregrinarase seguindo o «Camiño das abadías». Inscricións en info@afranqueira.org.

Xa comezou o Ano Xubilar na diocese de Tui-Vigo
O bispo de Tui-Vigo presidiu a eucaristía na catedral de Tui. Os ritos comezaron na capela da Misericordia.

Apertura do Ano Xubilar 2025, na diocese de Tui-Vigo
O bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidirá a eucaristía na catedral de Santa María en Tui, ás 17.00 horas, o 29 de decembro.

Xa podes inscribirte nas peregrinacións diocesanas para o Xubileu 2025
O prezo oscila entre os 790 e os 1.170 euros por persoa. En total, organizaranse catro peregrinacións diocesanas.