2/10/2022

,

Santos Ángeles Custodios
2/10/2022

,

Santos Ángeles Custodios

Xubileu de Pastoral da Saúde e curso rexional

Xubileu de Pastoral da Saúde e curso rexional

 vindeiro sábado 22 de outubro, o secretariado de Interdiocesano de Pastoral da Saúde de Galicia celebra o seu Xubileo cun curso rexional na aula magna do Instituto Teolóxico Compostelán, que se centrará na bioética e o compromiso, desde a alternativa cristiá, e que impartirá o doutor Manuel Martínez-Sellés, presidente do Colexio Médico de Madrid.

O curso, que comezará ás 10:30 horas coa acollida na aula magna do ITC, estará dividido en dúas sesións formativas tituladas «Bioética no comezo da vida» e «Bioética ao final da vida», ambas as impartidas polo Dr. Manuel Mtnez-Sellés. Tras as sesións formativas a posterior comida, os participantes celebrarán a eucaristía ás 17 horas na catedral compostelá. 

O curso está pensado para voluntarios de Pastoral da Saúde, Hospitalidade de Lourdes, grupos parroquiais, familias de enfermos, persoal sanitario, coidadores, empregados de residencias e centros asistenciais, consagrados, sacerdotes, seminaristas e persoas interesadas.

A inscrición, que estará aberta ata o 12 de outubro, conleva un custo de 20 euros —inclúe a comida—. Os interesados en participar deben poñerse en contacto co delegado diocesano de Pastoral da Saúde de Tui-Vigo, Benito Rodríguez, a través do número de teléfono: 608 28 06 55.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp