O Secretariado Interdiocesano de Pastoral da Saúde, dirixido polo Delegado de Pastoral da Saúde en Tui-Vigo, D. Juan Benito Rodríguez, vén de convocar a XXI Xornada Interdiocesá de Capeláns Hospitalarios, na que se presentará e “traducirá” á práctica habitual no Hospital o documento que o pasado decembro presentou a Comisión de Familia e Vida da Conferencia Episcopal Española, titulado “Sementadores de Esperanza” sobre os coidados ao final de la vida y que pode lerse completo aquí.
O encontro terá lugar o luns 27 de xaneiro no Salón de Actos da Hospedería Via Lucia no Campus Sur de Santiago de Compostela. Pola mañá, de 10 a 15:30h., prevese unha reunión de capeláns hospitalarios e de residencias, e pola tarde terá lugar, de 19:30 a 20:30h., a conferencia para sanitarios e público xeral a cargo do Dr. Jacinto Batiz, médico especialista en coidados paliativos e asesor na redacción e presentación do devandito documento, que o analizará axudándonos a nos interrogar sobre como nos afecta e como temos que implicarnos no acompañamento e coidado da dignidade da vida de aquelas persoas que se atopan na etapa final.