14 de Marzo de 2026,
Santa Matilde

XXIII Peregrinación do rosario ao santuario da Franqueira

XXIII Peregrinación do rosario ao santuario da Franqueira

O sábado 25 de outubro, a parroquia da Nosa Señora da Franqueira organiza a XXIII peregrinación do rosario desde A Lamosa ata o santuario da virxe que é un dos tres templos xubilases da diocese tudense durante o Xubileu 2025, que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza». A inscrición pode realizarse a través do correo electrónico info@afranqueira.org ou do número de teléfono 609 47 25 91.

Ás 16.00 horas, todos os participantes atoparanse na igrexa da Lamosa, onde iniciarán o camiño cara á Franqueira pasando por Prado de Canda , Á súa chegada ao santuario celebrarase a misa xubilar. A parroquia pon a disposición un autobús para regresar á  Lamosa.

O 29 de decembro de 2025, coincidindo coa inauguración do Xubileu 2025 na catedral tudense, a diocese de Tui-Vigo estableceu catro templos xubilases para que todas aquelas persoas que teñan dificultades para peregrinar a Roma poidan gañar tamén a graza do Xubileu: a catedral en Tui, a concatedral-basílica en Vigo, a capela do Fogar-Clínica Santo Rafael en Vigo e o santuario da Nosa Señora da Franqueira.