23 de Xuño de 2024

,

San José Cafasso
23 de Xuño de 2024

,

San José Cafasso

XXIV Xornada de Formación de Capeláns

XXIV Xornada de Formación de Capeláns

O luns, 30 de xaneiro, de 10 a 14 horas, na casa de Exercicios Espirituais de Santiago de Compostela, o Secretariado Interdiocesano de Pastoral da Saúde de Galicia organiza a XXIV Xornada de Formación de Capeláns, dirixida para os servizos relixiosas de centros hospitalarios, sociosanitarios e discapacitados, residencias, tanatorios e consiliarios da Hospitalidade de Lourdes. Baixo o lema «Conciencia, que conciencia? Axuda pastora?», Rafael Vázquez, director do Secretariado da Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe, impartirá a formación da xornada.

A formación virará ao redor da nota doutrinal «Para la libertad nos ha liberado Dios», publicada o 1 de febreiro de 2022, que parte de principios de moral fundamental, como a dignidade da conciencia, e de Doutrina Social da Igrexa, como a liberdade relixiosa e de conciencia, a misión do Estado, a natureza dos dereitos humanos, etc.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp