15 de Setembro de 2024

,

Nuestra Señora de los Dolores
15 de Setembro de 2024

,

Nuestra Señora de los Dolores

«¿Y tú? ¿Y si…?», un espazo para descubrir a vida do Seminario

«¿Y tú? ¿Y si…?», un espazo para descubrir a vida do Seminario

De xaneiro a xuño, a delegación de Pastoral Vocacional da diocese de Tui-Vigo organiza unha serie de encontros para mozos novos a partir de 16 anos, que teñan (ou non) inquietude vocacional e queiran coñecer a vida do Seminario. «¿Y tú? ¿Y si…?» é o lema destas citas de carácter mensual que constitúen unha oportunidade para coñecer o testemuño de diferentes sacerdotes e compartir con eles, xunto con toda a comunidade do Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, a cea desa noite.

Para o curso 2023-2024, a delegación de Pastoral Vocacional programou un total de cinco encontros que darán comezo ás 20.30 horas no Seminario vigués: 26 de xaneiro, 23 de febreiro, 26 de abril, 31 de maio e 14 de xuño. Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co delegado, Ángel Carnicero, a través do número de teléfono: 655 45 12 85.

Nesta liña da pastoral vocacional, durante o rito de admisión ás Sagradas Ordes do seminarista Miguel Fernandes, o bispo de Tui-Vigo manifestou que «a tarefa fundamental da pastoral vocacional é levar aos mozos a Cristo». Para iso, expresou Mons. Luís Quinteiro, hai que adecuarse ao momento actual achegándose aos ambientes xuvenís, «pero non como aquel que observa desde fóra, senón compartindo con eles», porque «hoxe, unha cousa fundamental —en pais, educadores, catequistas, sacerdotes…— é compartir a nosa vida cos mozos e eso quere dicir crear espazos nos que esteamos, firmemente, dunha maneira xenerosa e case sen pasar factura de nada». Precisamente, «¿Y tú? ¿Y si…?» aspira a ser un espazo no que compartir, con xenerosidade, a vida entre sacerdotes e mozos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp