Con motivo del 1 de mayo, fiesta de san José obrero y Día Internacional de los Trabajadores, la Comisión diocesana de la Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC) de la diócesis de Tui-Vigo, que, junto a otras entidades de Iglesia, forma parte de la iniciativa Iglesia por el Trabajo Decente (ITD), publica un manifiesto titulado «Coidamos o traballo para coidar as personas», en el que defiende la reducción del tiempo de trabajo como expresión del cuidado de las relaciones laborales. A través de este texto, ponen el foco en las consecuencias que la actuales condiciones laborales tienen en la salud, especialmente, el impacto de la siniestralidad laboral, las dificultades para conciliar la vida personal y familiar y la cada vez más difusa barrera entre el tiempo de trabajo y el tiempo de ocio.
La iniciativa ITD, integrada por Cáritas, CONFER, HOAC, JEC, JOC y Justicia y Paz, llama a «un mayor compromiso para favorecer el cuidado de las personas trabajadoras, promoviendo políticas que permitan una conciliación real», apoyando el diálogo social para lograr la reducción del tiempo de trabajo. Además, también solicitan que «la salud laboral sea un derecho fundamental para todas las personas y que sea prioritario en cualquier entorno», conscientes de que «existe un gran número de trabajadores y trabajadoras que sufren condiciones laborales precarias que ponen en peligro su bienestar físico y mental».
Manifesto de ITD para o Primeiro de Maio
Coidamos o traballo para coidar as persoas
O 1 de maio de 2024, conmemoramos o Día Internacional dos traballadores e as traballadoras e a festividade de san Xosé Obreiro. Neste día, queremos poñer a mirada na necesidade de cultivar o coidado no mundo laboral para mellorar a realidade das persoas.
Na nosa sociedade non é fácil a conciliación da vida persoal e laboral, harmonizar as necesidades persoais e familiares co traballo. Algúns empregos conlevan esixencias de tempo e dedicación que dan lugar a conflitos persoais, familiares e sociais. O tempo que investimos no traballo supón entre o 40-50% do noso día, só tendo en conta unha xornada laboral de 8 horas diarias máis o desprazamento que se debe facer para chegar ao traballo. En moitas ocasións, esta porcentaxe pode verse incrementado porque non se cumpre coa desconexión dixital, que fai que se interrompa o noso descanso, provocando estrés e preocupacións.
A carencia dun bo coidado do traballo ten como consecuencia o estrés, a ansiedade e a depresión, problemas cada vez máis comúns que afectan a gran parte da poboación. A saúde laboral non só implica evitar os accidentes ou as enfermidades que poidan afectar o ser humano no ámbito do traballo, senón tamén garantir o benestar das persoas ao desenvolver a súa profesión. Polo tanto, abarca a estabilidade psicolóxica e emocional das persoas traballadoras.
Queremos lembrar as palabras do papa Francisco, na mensaxe no Cumio Mundial do Traballo da OIT (2021) “se o traballo é unha relación, entón ten que incorporar a dimensión do coidado, porque ningunha relación pode sobrevivir sen coidado. Aquí non nos referimos só ao traballo de coidados: a pandemia lémbranos a súa importancia fundamental, que quizá desatendésemos. O coidado vai máis aló, debe ser unha dimensión de todo traballo. Un traballo que non coida, que destrúe a creación, que pon en perigo a supervivencia das xeracións futuras, non é respectuoso coa dignidade dos traballadores e non pode considerarse decente. Pola contra, un traballo que coida, contribúe á restauración da plena dignidade humana, contribuirá a asegurar un futuro sostible ás xeracións futuras. E nesta dimensión do coidado entran, en primeiro lugar, os traballadores”.
Desde a iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) reclamamos un maior compromiso en favorecer o coidado das persoas traballadoras, promovendo políticas que permitan unha conciliación real. Neste sentido, apostamos decididamente por que o diálogo social avance na redución do tempo de traballo. Reclamamos tamén, que a saúde laboral sexa un dereito fundamental para todas as persoas e sexa prioritario en calquera contorna. Hai un gran número de traballadores e traballadoras que sofren condicións laborais precarias que poñen en perigo o seu benestar físico e mental. É hora de alzar a voz e reivindicar que a saúde das persoas non se vexa comprometida en aras do beneficio económico.
SITUACIÓNS DO MUNDO DO TRABALLO
Datos do emprego (EPA 4T2023 e Avances de accidentes de Traballo 2023, según o Ministerio de Trabajo y Economía Social):
- O 11,76% da poboación activa non ten traballo, unhas 2.830.000 persoas.
- A poboación activa femenina soporta unha tasa de desemprego tres décimas máis altas que a masculina, 13,36% por 10,30%.
- Os fogares con todos os seus membros en paro sitúase no 932.000
- A tasa de temporalidade é do 16,5%.
- O peso do emprego parcial sitúase no 13,5% da poboación ocupada.
- 721 persoas traballadoras morreron no seu emprego no ano 2023, mentres que 4.706 persoas sufriron siniestros de carácter grave e 659.480 leves.
- A sinistralidade en Galicia no ano 2023, repuntou ata un 7´1% con 27.247 accidentes que xeneran baixa. Dos cales 50 foron con resultado de morte e 364 con resultado de gravidade. O índice incrementouse nun 5´14% no ano 2023.
- A tasa do desemprego en Galicia no ano 2023, foi do 9´15%. O número de desempregados no pasado mes de marzo foi de 129.011 persoas. Das cales o 8´2% son homes e o 10´1% son mulleres.