Con motivo del 1 de mayo, fiesta de san José obrero y Día Internacional de los Trabajadores, la Comisión diocesana de la Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC) de la diócesis de Tui-Vigo, que, junto a otras entidades de Iglesia, forma parte de la iniciativa Iglesia por el Trabajo Decente (ITD), publica un manifiesto titulado «A xuventude ante o 1 de maio. Traballo decente, dereito, non privilexio», con el que quieren poner la mirada sobre el nuevo paradigma social que afronta la juventud en el mundo laboral.
La iniciativa ITD, integrada por Cáritas, CONFER, HOAC, JEC, JOC y Justicia y Paz, llama a «un mayor compromiso para favorecer el cuidado de las personas trabajadoras, promoviendo políticas que permitan una conciliación real», apoyando el diálogo social para lograr la reducción del tiempo de trabajo. Además, también solicitan que «la salud laboral sea un derecho fundamental para todas las personas y que sea prioritario en cualquier entorno», conscientes de que «existe un gran número de trabajadores y trabajadoras que sufren condiciones laborales precarias que ponen en peligro su bienestar físico y mental».
A XUVENTUDE ANTE O 1 DE MAIO TRABALLO DECENTE, DEREITO, NON PRIVILEXIO
O 1 de maio de 2025, conmemoramos o Día Internacional dos traballadores e as traballadoras, así como a festividade de San Xosé Obreiro. Neste día, queremos poñer a mirada no novo paradigma social que afronta a mocidade no mundo laboral.
Hoxe, as persoas novas viven un contexto social moi distinto en comparación coas xeracións pasadas. Comezan a traballar máis tarde do que era normal, debido ás exixencias do mercado laboral, que demanda hiperformación e experiencia previa. A isto súmanse os prexuízos sociais que as encasillan como unha xeración inconstante, pouco comprometida ou irresponsable, sen pensar en todos os problemas aos que se enfrontan. Ao mesmo tempo, o cambio na realidade económica fixo que traballar xa non sexa garantía de independencia. Segundo datos do Observatorio de Emancipación do Consello da Xuventude de España de 2025, “unha persoa nova tería que destinar o 102,3% do seu salario para poder alugar unha vivenda en solitario”.
A falta de estabilidade laboral limita a capacidade da mocidade de imaxinarse un futuro digno. A imposibilidade de acceder a empregos estables e con dereitos consolida un modelo no que a precariedade se converte no normativo, afectando a saúde mental e emocional de toda unha xeración. Neste contexto, a incerteza instálase na vida cotiá, erosionando a esperanza e facendo que o acceso a un traballo decente pareza un privilexio difícil de alcanzar. “Cando non sabes se mañá vas poder dar de comer aos teus fillos, ou se o que estás estudando che permitirá ter un traballo digno, é fácil caer no desánimo. Onde buscar a esperanza?” (Bula do xubileu 2025).
Esta carencia dunhas boas condicións de traballo provoca nas persoas novas a falta de esperanza. Esperanza pola posibilidade de cambio, pola alternativa, pola solución ou pola xustiza.
Queremos recordar as palabras do papa Francisco, na encíclica de Laudato Si “O traballo é unha necesidade, parte do sentido da vida nesta terra, camiño de maduración, de desenvolvemento humano e de realización persoal. Axudar aos pobres con diñeiro debe ser sempre unha solución provisoria para resolver urxencias. O gran obxectivo debería ser sempre permitirlles unha vida digna a través do traballo.”
Desde a iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) queremos dar voz aos problemas que vive a mocidade. Por iso, denunciamos este novo paradigma social, reclamando ás Institucións Públicas e á sociedade escoita para entender a precariedade laboral, a falta de acceso á vivenda ou a problemática para conseguir estabilidade vital ou emocional. Traballar xa non é suficiente. É hora de alzar a voz e reivindicar a necesidade dun símbolo de esperanza para a xuventude. “Non vos esquezades: a esperanza non defrauda nunca” (Bula do xubileu 2025). Traballo decente, dereito, non privilexio.