Ayer, martes 16 de diciembre, se celebró la misa exequial por el eterno descanso de Pilar Lago Candeira, voluntaria de Stella Maris y coordinadora del torneo de fútbol sala de Navidad para marineros. Con motivo de su fallecimiento, el obispo de Tui-Vigo y promotor del Apostolado del Mar – Stella Maris en España, monseñor Antonio Valín, ha publicado el siguiente mensaje:
Ás veces, no día a día, levamos sorpresas que nos deixan sen palabras, e cun sentimento de desconcerto. Hai uns días sorprendíanos a morte de Pilar Lago Candeira, Pili, voluntaria en Stella Maris de Vigo. A morte colleuna envolta na preparación do torneo de fútbol de Nadal, que o grupo de Stella Maris (Apostolado do Mar) da nosa diocese leva adiante desde hai varios anos. A sorpresa e os sentimentos de dor dos mariñeiros aos que leva axudando desde hai tempo, así como o das súas compañeiras voluntarias neste labor, eran visibles na celebración do torneo, o pasado domingo: o minuto de silencio gardado en homenaxe, respecto e oración por ela, así como o aplauso final de todos, o puxo de manifesto.
O labor desenvolto por Pili foi constante e silencioso, como o de todas as voluntarias e voluntarios de Stella Maris. Moitos mariñeiros, traballadores do mundo do mar que se achegan ao noso porto de Vigo saben ben del: do seu bo facer, de tantos esforzos e da proximidade que devolvía a ilusión, a esperanza e o sorriso a tantos.
Sentimos a súa dor e a da súa familia porque nos sentimos parte dela, e Pili era un pouco de todos e todas. Agradecemos o regalo que nos fixo Deus de poñela no noso camiño, o seu entusiasmo e compromiso. Queremos vivir este momento desde a fe nese Deus que se achega a todos, coa man tendida, rachando cos nosos medos e poñendo sempre unha pinga de esperanza en cada un de nós; un Deus que dá a vida e nos chama a vivir para sempre con El. Como xente do mar, confiámonos no amor maternal da Virxe do Carme, patroa das xentes do mar, e confiamos a vida de Pili e a da súa familia.
Agradecemos todos os esforzos do voluntariado de Stella Maris, sabendo que, co testemuño de Pili, seguirán sendo o rostro «amable e delicado» que acolle a tantos mariñeiros en situación de debilidade.