23 de abril de 2024

,

San Jorge
23 de abril de 2024

,

San Jorge

«Síntome enviada pola Igrexa a dar razón da esperanza que levo dentro»

«Síntome enviada pola Igrexa a dar razón da esperanza que levo dentro»

La formación constituye un pilar fundamental de la vida cristiana de los fieles, por eso se impartió 8 conferencias de temas eclesiásticos y sociales a lo largo del último año. Además, han participado aproximadamente 40 alumnos en los Cursos de Teología y el Instituto de Ciencias Religiosas ha contado con 8 matriculados el pasado curso.

Además de los centros educativos religiosos, la formación cristiana se transmite en los centros públicos a través de 5 docentes que imparten clases de religión. Ellos también contribuyen a la propagación del Evangelio, acompañando a sus alumnos en el crecimiento y en la profundización de la fe. 

Invítaseme a que escriba unhas liñas acerca do meu testemuño como profesora. Eu son profesora de Relixión Católica en Secundaria na nosa diocese desde o curso 1997-98. Sempre impartín clases en centros públicos. Desde o curso 1998-99 fágoo no mesmo centro: o IES MENDIÑO de Redondela, que casualmente é tamén o centro no que eu estudei cando era nova. No presente curso académico, 2020-21, teño 254 alumnas e alumnos da ESO e 1º Bacharelato.

O ensino relixioso entre a rapazada non é tarefa fácil, porque o propio traballo con adolescentes non o é. Se o traballo de mestre ou mestra coido que é xa de por si un traballo vocacional, se es profe de relixión tes que ter un plus engadido de paciencia para explicar constantemente por que estás aí, que fas nas túas clases, desfacer “entuertos” sobre a túa titulación para estar onde estás, escoitar ano tras ano como non preparas oposicións para outras materias… e responder a unha manchea de preguntas máis.

Eu ensino relixión porque quero, porque me peta, porque me gusta, porque me dá a gana —que diría Celso Emilio respecto do galego, e que eu aplico ao ensino da relixión—. Coido que é un marabilloso xeito de evanxelizar nun mundo tan importante como é o do ensino, o da cultura. Unha posibilidade de facer real o diálogo fe e cultura e o contacto coa xente nova desde un dos ámbitos fundamentais na súa vida: o da formación.

Eu síntome privilexiada por estar dando clase onde estou, por ter as compañeiras e os compañeiros que teño e, fundamentalmente, por ter o mellor premio posible: o cariño e o respecto do meu alumnado. E cada mañá, ás 8.00 horas, cando poño o pé no instituto doulle grazas a Deus por ter podido dedicarme ao que sempre quixen facer (dar clases), e porque creo e estou convencida do que fago, dar clases de relixión, sen complexos e sen pensar que é unha maría ou unha materia de segunda división.

Afirmaba Paulo VI hai cincuenta e cinco anos que a ruptura entre Evanxeo e cultura era, sen dúbida algunha, o drama do noso tempo (EN, 20). Hoxe, a fenda provocada por esa ruptura e moitísimo máis fonda. Precisamos, xa que logo, evanxelizar a cultura; pero só unha fe capaz de inculturarse é quen de dar razón do testemuño das persoas docentes e da súa presenza nas aulas.

Desde aquí, síntome enviada pola Igrexa a dar razón da esperanza que levo dentro. E trato de facelo con bo xeito, con respecto e desde a coherencia dunha fe atenta aos sinais dos tempos, como nos di o Concilio Vaticano II, desde unha Igrexa que formamos todas as persoas bautizadas, non só os curas, bispos ou Papa, e sempre disposta a acoller no seu colo, no seu corazón e con dispoñibilidade: «Os gozos e as esperanzas, as tristuras e angustias dos homes e mulleres do noso tempo» (GS 1).

Almudena Suárez Cerviño. Profesora de Religión en el IES Mendiño.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp