30 de Abril de 2024

,

San Pío V
30 de Abril de 2024

,

San Pío V

A asociación Amigos da Catedral de Tui organiza unha comida homenaxe a D. Luís Quinteiro coincidindo coa entrega da medalla de ouro da cidade de Tui

A asociación Amigos da Catedral de Tui organiza unha comida homenaxe a D. Luís Quinteiro coincidindo coa entrega da medalla de ouro da cidade de Tui
Foto: Mons. Luis Quinteiro, obispo de Tui-Vigo, durante la firma del acta.

Será o vindeiro sábado 10 de decembro ás 14:30 horas no Parador de Turismo “San Telmo” de Tui.

A asociación de Amigos da Catedral de Tui congratúlase da decisión do  p leno da corporación municipal tudense que acordou a concesión da medalla de ouro do municipio ao  ou bispo de Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro Fiuza, co gallo de a presentación da súa solicitude de xubilación ao cumprir os 75 anos de idade, tal como establece o dereito canónico. Esta comida terá lugar no parador de turismo «San Telmo» de Tui, o sábado 10 de decembro, ás 14:30 horas.

Esta asociación desexa expresar tamén o seu agradecemento á traxectoria de D. Luís Quinteiro, tanto no ámbito eclesial como no seu traballo en favor da catedral tudense ao longo do seu episcopado.  Con este motivo e para completar este acto oficial de recoñecemento ao bispo de Tui-Vigo, a asociación organiza unha comida de homenaxe a Mons. Quinteiro aberta á participación de cantas persoas desexen sumarse.

As persoas interesadas poden obter a súa invitación na catedral de Tui ou no despacho parroquial da igrexa de San Francisco, abonando no acto o importe establecido: 35 euros. O prazo de inscrición finaliza o 30 de novembro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp