Escóitanos en directo, cada venres, ás 13:33 en COPE Vigo no 87.8 FM
Venres 19 de abril de 2024 | Hoxe, falamos da situación dos cristiáns en Siria, con motivo da conferencia que acolle o santuario da Franqueira e que impartirán representantes da fundación «Axuda á Igrexa Necesitada».
Tamén falaremos da campaña que desenvolveu a delegación de Pastoral Vocacional, en colaboración coa delegación de Medios de Comunicación Social, con motivo da festa do Bo Pastor.
Ante a proximidade do Día Internacional do Libro, Rocío, encargada da librería don Bosco en Vigo, cóntanos cales son as novidades deste mes de abril.
Música: Tranquilo — Zomoz.