A celebración, organizada por Cáritas de Tui-Vigo, comezará mañá día 26 de marzo ás 10:00 na parroquia de Santa Eulalia de Alcabre e finalizará ás 19.30 na Capela da Guía.
A Cruz de Lampedusa simboliza a preocupación da Igrexa por todo o problema da inmigración a nivel mundial. Construída no ano 2014 por Franco Tuccio con restos de barcas naufragadas na Illa de Lampedusa, este artista quixo lembrar e homenaxear con esta obra a todas esas vítimas que perden a súa vida no mar Mediterráneo en busca dunha vida mellor. #Ante este xesto, foi o propio Papa Francisco, ao comezo do seu pontificado, o que suxeriu que se convertese nunha cruz peregrina co obxectivo de transmitir unha mensaxe de solidariedade a todo o mundo.
Grazas a esta iniciativa, “Viaxe da Cruz de Lampedusa”, o pasado 9 de marzo este importante símbolo chegou á nosa Diocese. Mañá, venres 26 de marzo, poderase gozar dela grazas ao Vía Crucis organizado pola nosa entidade e que está dentro dun programa de actos que se foron desenvolvendo ao longo deste mes.
A pesar das limitacións e o aforo reducido que hai que cumprir debido á situación sanitaria que estamos a vivir, vai ser unha celebración moi especial e moi oportuna na recta final da Coresma, xa que é unha oportunidade de darlle visibilidade e voz ás persoas que a nosa sociedade silencia e ignora e que, nestes momentos tan difíciles que nos tocan vivir, ven máis vulnerables aínda.

Itinerario e horario do Vía Crucis.
A celebración comezará ás 10:00 na parroquia de Santa Eulalia de Alcabre e concluirá ás 19:30 na Capela da Guía. Cada estación do Vía Crucis celebrarase nun templo parroquial distinto, polo que a continuación detállase o horario e as estacións onde se acollerá á Cruz de Lampedusa.
1ª Estación: 10:00 – 10:20. Parroquia Santa Eulalia de Alcabre.
2ª Estación: 10:35 – 10:55. Parroquia San Xoán Paulo II.
3ª Estación: 11:10 – 11:30. Parroquia A nosa Señora do Rocío.
4ª Estación: 11:45 – 12:05. Parroquia A nosa Señora do Carmen.
5ª Estación: 12:20 – 12:40. Parroquia Mª Auxiliadora.
6ª Estación: 12:55 – 13:15. Parroquia San Xosé Obreiro e Santa Rita.
7ª Estación: 13:30 -13:50. Parroquia A nosa Señora da Paz.
8ª Estación: 16:00 – 16:20. Parroquia San Cristovo de Candeán.
9ª Estación: 16:35 – 16:55. Parroquia Santa Clara.
10ª Estación: 17:10 – 17:30. Parroquia Santo Cura de Ars.
11ª Estación: 17:45 – 18:05. Parroquia Santiago o Maior.
12ª Estación: 18:20 – 18:40. Parroquia Sacro Corazón de Xesús.
13ª Estación: 18:55 – 19:15. Parroquia Nosa Señora dás Neves.
14ª Estación: 19:30 – 19:50. Capela da Guía.
Para coñecer o resto de actividades que a delegación episcopal de Acción Caritativa e social está a organizar podes clicar na seguinte ligazón. Proximamente actualizaranse novas datas cos lugares de peregrinación da Cruz de Lampedusa que permanecerá na Diocese de Tui-Vigo ata o 14 de abril.