Do 6 ao 8 de outubro, no colexio de Maristas Santa María de Tui, a parroquia de San Miguel de Oia , en colaboración con Proxecto Amor Conxugal, organiza un retiro para matrimonios, baseado nas catequeses de San Xoán Paulo II sobre a Teoloxía do Corpo. O bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía de clausura o domingo, 8 de outubro, ás 13 horas, no colexio Maristas de Tui.
Este retiro vai dirixido a todos os matrimonios da diocese de Tui-Vigo que queren vivir unha experiencia de amor xuntos —estean en crise ou non— ou queiran fortalecer e reavivar o seu sacramento do Matrimonio. A inscrición, que ten un custo de 295€ por matrimonio, pode realizarse de maneira online a través da seguinte ligazón.
Sobre Proxecto Amor Conxugal
É un método para matrimonio que nace en agosto de 2022, composto por matrimonios católicos que queren profundar na súa vocación conxugal, cun espírito misioneiro. Con carácter diocesano en Málaga, desde onde se estendeu a diversas dioceses de España, coa supervisión dos párrocos respectivos, delgados Pastoral Familiar e bispos de cada dioceses.
Está baseado nas catequeses de San Xoán Paulo II sobre o amor humano e consiste en traballar sobre tres piares —fe, formación e vida— para recuperar o plan de Dios para o matrimonio e a familia, o que iniciou desde a creación do home-muller, e que ten como obxectivo a santidade.