3 de Novembro de 2024

,

San Martín de Porres
3 de Novembro de 2024

,

San Martín de Porres

Cincuentenario da Parroquia de San Paio de Lavadores

Cincuentenario da Parroquia de San Paio de Lavadores

A de San Paio de Navia é unha das 14 parroquias creadas á vez o día 31 de outubro de 1970, polo entón Bispo, D. José Delicado Baeza, quen remodelou así totalmente o mapa pastoral da cidade.

O TEMPLO PARROQUIAL

É obra do arquitecto vigués Desiderio Pernas, púxose a primeira pedra o 8 de abril de 1973 e bendixo o novo templo, o 2 de xuño de 1974, o Bispo José Delicado Baeza. Foi o seu primeiro párroco Manuel Otero Blanco.

Xa no ano 1947 creouse teoricamente a parroquia co título de San Pelayo, aínda que posteriormente completaríase como de “San Pelayo e San Telmo”, sendo o seu primeiro encargado e párroco Benito Castro Nogueira. Finalmente dividiuse o territorio en dúas parroquias: a da Inmaculada Concepción e a de Sampaio, pasando a ser o primeiro párroco desta, en 1970, como xa se indicou Manuel Otero Blanco.

Sucesivamente atendérona Ángel Dehesa Mouriño 1979-1981; Agustín Sobral Rodríguez, 1981-2002 e desde o 26 de Outubro de 2002 ata a actualidade, Plácido Vázquez Pena.

Durante os anos 2008-2010, o templo parroquial recibiu unha moi notable reforma; por iso actualmente conta cun orixinal retablo, obra e doazón da destacada pintora Fernanda Fernández Suárez. As táboas con pinturas ao óleo ilustran acerca da vida do mártir galego San Pelayo protector e titular da parroquia. Cabe destacar tamén a vidreira, obra de Nigel Hanon, que é unha alegoría da Santísima Trindade: un triángulo equilátero e tres círculos no seu interior.

O párroco actual é Don Plácido Vázquez Peña, que o é tamén de Cabeiro (anexo de Negros) e Consiliario diocesano da Adoración Nocturna Masculina ( ANE). A Parroquia actualmente ten uns 2500 habitantes.

GALERÍA DE IMAXES

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp