O vindeiro martes, 13 de decembro, ás 18 horas, no templo parroquial de San Xosé Obreiro e Santa Rita de Vigo, Acción Católica General de Tui-Vigo organiza unha eucaristía, presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, para celebrar o Nadal con todos os movementos e asociacións laicais presentes no territorio diocesano.
Unha vez finalizada a parte litúrxica, haberá un intre de convivencia e confraternización para felicitarse o Nadal, nos locais da Acción Católica Xeneral, situados no mesmo edificio de Vázquez Varela. A este encontro celebrativo, están convidados todos os movementos e asociacións laicais, así como as delegacións diocesanas que teñan, ou non, as súas oficinas no edificio de Vázquez Varela.