20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

GALERÍA 📸 | Procesión de Corpus Christi en Vigo

GALERÍA 📸 | Procesión de Corpus Christi en Vigo
Foto: La procesión paró en la plaza de Compostela para realizar la bendición de los mares.

O 11 de xullo, solemnidade do Corpus Christi, o bispo de Tui-Vigo presidiu a celebración na concatedral-basílica de Santa María de Vigo, acompañado polos sacerdotes da cidade. A continuación, multitude de fieis sumáronse á procesión polas rúas da cidade olívica. A procesión percorreu a praza de Compostela, onde o prelado bendixo os mares co sacramento da Eucaristía.

Nesta festa do Corpo e o Sangue de Cristo, rememórase que Cristo está presente verdadeira, real e substancialmente no pan e o viño consagrado; unha presenza que se prolonga fóra da misa no sagrario. Neste día tamén celebra a Igrexa o «Día da Caridade», por iso os bispos responsables de Acción Caritativa e Social da CEE, na súa mensaxe para esta xornada, exhortan aos fieis para vivir con intensidade a celebración e a adoración eucarística que «nos axuden a comprometernos de maneira que sexamos oportunidade e esperanza de tantas persoas, especialmente daquelas que viven en pobreza e exclusión».

Procesión de Corpus Christi en Vigo

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp