4 de Maio de 2024

,

San José María Rubio
4 de Maio de 2024

,

San José María Rubio

Materiais para o Día da Igrexa Diocesana

Materiais para o Día da Igrexa Diocesana

O secretariado para o Sostemento da Igrexa da Conferencia Episcopal Española publicou os materiais da campaña do Día da Igrexa Diocesana que, neste ano, celébrase o 12 de novembro, baixo o lema «Orgullosos da nosa fe». Esta é unha xornada para lembrar e agradecer a nosa pertenza a unha comunidade cristiá e para tomar conciencia de que somos membros dunha gran familia.

Lema da campaña «Orgullosos da nosa fe»

Co lema deste ano, o secretariado para o Sostemento de la Iglesia sitúase nunha realidade: no contexto social actual non é fácil recoñecerse como crente en moitos ambientes. Así, convida a quitarse ese “sentimento” de “certa vergoña” para «mostrar “Orgullosos da nosa fe” o que somos e o que facemos, con humildade, convencidos de que Cristo e o Evanxeo fan deste mundo un lugar mellor».

Por iso, cada ano, o Día da Igrexa Diocesana pon en marcha esta campaña para reforzar ese sentimento de pertenza dos crentes e para “tocar” o seu corazón, tamén o daqueles que, por distintas circunstancias da vida, afastáronse da práctica relixiosa. Porque a celebración e a vivencia da fe son un motivo de alegría nun mundo sedento de esperanza. Tamén é unha oportunidade para recoñecer e agradecer todo o ben que fai a Igrexa.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp