O 2 de abril, pouco despois das 16 horas, falecía o sacerdote Jaime López Ramón, no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Sacerdote xubilado era residente da Casa Sacerdotal compostelana.
Ordenado en 1952, exerceu o seu ministerio pastoral na diocese de Tui-Vigo ata o ano 1982, momento no que se incardina na arquidiocese de Santiago de Compostela. Durante o seu período na diocese tudense, foi profesor-formador en ambos os seminarios e párroco en diversas parroquias do territorio diocesano.
A páxina web da parroquia santiaguesa de San Caetano elaborou unha descrición que, a pesar dalgunhas pequenas lagoas, pódese ler na seguinte ligazón.