15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila
15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila

O Papa concede a orde de San Gregorio Magno a tres seglares da Diocese

O Papa concede a orde de San Gregorio Magno a tres seglares da Diocese

Impulsado pola solicitude do bispo da nosa diocese, Mons. Quinteiro Fiuza, o Papa Francisco concedeu a Orde de San Gregorio Magno a Jaime Barrecheguren Beltrán, Ángel Dorrego Leal e Humberto González Vázquez. Os galardoados recibirán o nomeamento na eucaristía de Nadal e do recoñecemento ao voluntariado que, con ocasión do cincuentenario de Cáritas Tui-Vigo, terá lugar na Concatedral viguesa o próximo día 19 ás 20h.

Impulsado pola solicitude do bispo da nosa diocese, Mons. Quinteiro Fiuza, o Papa Francisco concedeu a Orde de San Gregorio Magno a Jaime Barrecheguren Beltrán, Ángel Dorrego Leal e Humberto González Vázquez. Os galardoados recibirán o nomeamento na eucaristía de Nadal e do recoñecemento ao voluntariado que, con ocasión do cincuentenario de Cáritas Tui-Vigo, terá lugar na Concatedral viguesa o próximo día 19 ás 20h.

Aínda que actualmente a pompa vaticana tense reducido moitísimo na concesión de honras, aínda existen sete ordes pontificias que se outorgan polos servizos prestados á Igrexa ou por accións persoais meritorias illadas que se queren salientar. No caso da Orde Pontificia de san Gregorio Magno, cómpre precisar que é concedida a “homes ou mulleres para recoñecer publicamente o seu servizo persoal á Igrexa Católica, a través das súas labores habituais e os seus excelentes exemplos manifestados e vividos nas súas comunidades e países”. É por tanto unha manifestación pública de gratitude por parte da Santa Sé e a petición do propio Bispo, e soamente se lles pide aos galardoados –xa que non contraen obriga algunha engadida ao que facían ata agora– que o seu testemuño procure manter en adiante a mesma e inquebrantable fidelidade a Deus e á santa Igrexa. Seguramente a solicitude enviada á Santa Sé informando dos méritos dos galardoados, terá destacado algunhas das facetas que a continuación se citan. Queda nembargantes sen nomear en ningún documento a tarefa silenciosa que realizan cada un nas súas familias, entre os compañeiros de profesión, nas súas parroquias de orixe e entre os amigos, porque indubidablemente os tres son homes “bos e xenerosos”.

Jaime Barrecheguren Beltrán, casado e pai de tres fillos, fai parte, dende hai moito tempo, dos Equipos de Matrimonios de Nosa Señora nos que xunto á súa muller ten ocupado numerosas responsabilidades, o mesmo que na Delegación diocesana de Pastoral Familiar. Foi director de Cáritas de 2002 a 2006 e posteriormente Delegado de Acción Caritativa e Social ata 2018, durante doce anos.

Ángel Dorrego Leal comezou a súa colaboración con Cáritas diocesana no ano 2005, como Administrador de Cáritas Tui-Vigo da que ao ano seguinte sería nomeado Diretor durante 10 anos ata 2016. Foi Delegado rexional de Cáritas-Galicia no Consello de Cáritas española na que tamén chegou a desenvolver importantes cargos e tarefas; actualmente é o responsable do Proxecto téxtil de Cáritas Tui-Vigo. Foi durante moitos anos impulsor das devocións da Semana Santa viguesa.

Humberto González Vázquez, casado e con 2 fillos, pertence dende hai 20 anos á Adoración Nocturna da súa parroquia de San Paulo e ingresou nas Conferencias de San Vicente de Paúl (asociación dedicada á atención dos pobres) no ano 2000, da que no ano 2010 sería elixido Presidente da zona de Vigo ata o ano pasado. Dende o ano 2003 é o discreto e eficaz Secretario do Tribunal Eclesiástico da diocese de Tui-Vigo.

Moitos parabéns aos tres, ás súas comunidades parroquiais e a Cáritas diocesana no seu cincuentenario.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp