9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

O papa Francisco institúe o ministerio do catequista

O papa Francisco institúe o ministerio do catequista

A Oficina de Prensa vaticana presentou aos medios de comunicación o texto do  Motu  proprio «Antiquum  ministerium». En 2018, o Papa xa falara da necesidade de dar a este servizo unha dimensión institucional na Igrexa.

Nese ano o Papa anunciara que o «catequista é unha vocación»: «Ser catequista, esa é a vocación, non traballar como catequista». E pouco despois engadiu que esta «forma de servizo que se realiza na comunidade cristiá» requiría ser recoñecida «como un verdadeiro e xenuíno ministerio da Igrexa».

A convicción tomou a forma do  Motu  proprio  Antiquum  ministerium que foi presentado hoxe en presenza do arcebispo  Rino Fisichella, presidente do Consello Pontificio para a Promoción da Nova  Evangelización, e de  Mons. Franz-Peter  Tebartz-van  Elst, delegado para a Catequese do  dicasterio.

O primeiro anuncio

O  Motu  proprio, por tanto, establecerá formalmente o ministerio do catequista, desenvolvendo esa dimensión evanxelizadora dos laicos desexada polo Vaticano II. Un papel ao que, segundo dixo Francisco na  videomensaxe, correspóndelle «un primeiro anuncio». Nun contexto de «indiferenza relixiosa —indicara o Papa— a vosa palabra será sempre un primeiro anuncio, que chega a tocar o corazón e a mente de tantas persoas que esperan atoparse con Cristo».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp