O domingo 1 de outubro, o Seminario Menor «San Paio» de Tui inaugurou o novo curso académico cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza. Á celebración, asistiron os alumnos do seminario tudense, o claustro de profesores e as familias; eles tamén se sumaron os seminaristas e o equipo de formadores do Seminario Maior «San Xosé» de Vigo.
O Seminario tudense ofrece a quen convive alí, todos os medios pedagóxicos de formación, humana, intelectual e espiritual que toda auténtica institución educativa está chamada a desenvolver, ofrecendo unha formación integral e un acompañamento personalizado a cada alumno. Na actualidade, conta cun total de 38 alumnos —7 deles, internos—, dando lugar a grupos reducidos na aula, que permiten coñecer aos alumnos e xerar un clima de confianza, capaz de ofrecer unha formación personalizada para desenvolver e potenciar todas as capacidades e habilidades dos estudantes. Este labor é posible grazas a un claustro composto de 14 profesores e un equipo de 3 formadores.