26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Obras no Santuario de A Franqueira

Obras no Santuario de A Franqueira

O SANTUARIO DA FRANQUEIRA INICIA

AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DO BALDAQUINO

Hai uns días o baldaquino onde se venera a imaxe orixinal da Virxe da Fonte da Franqueira quedou rodeado da andamiaxe que permite os labores de restauración do mesmo. Un traballo de limpeza e reposición de pezas deterioradas polas humidades, o po acumudado na parte superior, así como os efectos de termitas que noutros tempos estiveron actuar na madeira. O traballo de estudo foi realizado hai 9 meses e despois de recibir o visto bo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e os permisos da Delegación de Patrimonio da Diocese de Tui-Vigo, finalmente se lle encomendaron a María Vitoria Valverde. Esta restauradora ten un extenso curriculum de traballos en distintas zonas de Galicia que avalan a súa profesionalidade.

O baldaquino da Franqueira é unha obra datada nos finais do Século XVI como se recolle na documentación do mosteiro que se custodia no arquivo histórico nacional desde a desamortización. Na reforma posterior ao Concilio Vaticano II tivo unha fonda transformación para trasladalo desde a parte inferior da cúpula do presbiterio ao emprazamento actual. Neste labor foron retiradas algunhas das pezas, quedando nunha feitura máis sinxela. É de estilo barroco e foi decorado por última vez nos anos 80.

Limpeza da imaxe da Virxe da Franqueira

A imaxe da Virxe vai recibir unha profunda limpeza. Desde a súa restauración no ano 1995 so se realizaban labores propias da limpeza habitual. Pero co paso do tempo as imaxes, e en especial esta de tanta antigüidade e veneración precisan un traballo moito máis profesional e detallado.

A policromía da Virxe da Franqueira ten a peculiaridade de ter os colores das iconas bizantinas e unha simboloxía que lembra esta obras de oriente. Segue a ser motivo de investigación por catedráticos de historia da arte e inspiración para moitos artistas.

Os traballos rematarán en dúas semanas estando previsto que xa se poida contemplar na Solemnidade da Asunción da Virxe o vindeiro 15 de agosto.

O presuposto da obra ascende a 4.276,14 € que se sufragan coas esmolas dos fieis e colaboracións.

Coro alto do mosteiro

Por outro lado, xa coas indicacións e os visto bo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia estase a deseñar o proxecto da tribuna ou coro alto do Santuario. No antigo mosteiro da Franqueira, por unha entrada que comunicaba as cedas dos monxes coa igrexa accedíase ao coro de conversos, que era a súa denominación. O que habitualmente se denomina nas igrexas parroquias “tribuna” era o espazo de oración dos monxes. Nos anos 70 estaba nunha situación de deterioro que obrigou á súa retirada. Actualmente estase a elaborar un traballo para a súa recuperación en madeira.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp