25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Vicky Peña e Orestes Gás, no XV Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera

Vicky Peña e Orestes Gás, no XV Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera

O sábado, 15 de xullo, ás 20 horas, Vicky Pena e Orestes Gás participarán na XV edición do Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera, no que interpretarán unha obra titulada «Refuxiados no verso e no canto. Relación de textos de Alberto Iglesias».

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo, acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de sete concertos programados desde abril ata setembro no que se interpretarán obras clásicas de músicos como L.V. Beethoven, Schuman ou Debussy, entre outros. Tamén contará coa participación da Orquestra Sinfónica de Galicia ou Locus Músicos que visibilizarán os cantos da tradición galaico-portuguesa.

Todas as persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar a súa reserva a cada un dos concertos, poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp