20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

A capela da Guía, referente espiritual para aprender a falar co corazón

A capela da Guía, referente espiritual para aprender a falar co corazón

O xoves 15 de xuño, ás 18.30 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons.  Luís Quinteiro, presidiu a eucaristía na capela da nosa Señora da Guía e o Sagrado Corazón de Xesús, para celebrar o primeiro aniversario da entronación da imaxe do Sacro Corazón coa  que, en xuño de 2022, finalizaba o proxecto deseñado polo arquitecto Manuel Gómez Román, no ano 1951. O prelado tudense declarou que esta capela é «un lugar de referencia espiritual», polo seu espazo xeográfico único e a devoción dos seus fieis.

Durante a celebración, Mons. Luís Quinteiro manifestou que «a devoción ao Sagrado Corazón aumenta, e dá un sentido forte, á nosa vida espiritual, por iso temos que cultivala entre os nenos. A Deus hai que chegar polo corazón e temos que deixar que a nosa vida fale de nós». Tamén agradeceu o labor do párroco, José Ramón Lera, e pediu que «coide e protexa este santuario con moitos de vós, para que sexa un referente dunha maneira nova, próxima, espontánea e familiar de mirar a Deus. Este santuario será, nun futuro unha referencia fundamental para moita xente».

Desde o ano 2016, a comunidade parroquial, animada pola devoción e o apoio do párroco José Ramón Lera, propúxose levar a cabo a finalización da obra ideada por Gómez Román. Tras diversas e importantes intervencións nestes últimos anos para impedir a deterioración do templo, ao fin sete décadas despois, a ermida loce rematada pola talla do Sacro Corazón en granito. A imaxe en perfecta consonancia co volume e estética da torre que a sostén, pesa 10 toneladas e ten 6 metros de altura. A súa creación e colocación ten a súa orixe nas peticións do párroco e os fieis de Teis  que foron atendidas mediante o convenio asinado entre a diocese de Tui-Vigo, a Deputación provincial e o Concello vigués, os cales determinaron encargar a obra á Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

1º Aniversario de la entronación del Sagrado Corazón de A Guía

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp