No contexto do Ano da Oración que o papa Francisco convocou para preparar o Xubileu do 2025 en Roma, a concatedral-basílica de Santa María en Vigo acolle, todos os luns despois da eucaristía da tarde, un momento de oración polas necesidades de la Iglesia e as intencións do Santo Padre. De outubro a maio, a misa no templo de Santa María de Vigo é ás 19 horas e, de xuño a setembro, ás 20 horas.
O 21 de xaneiro, coincidindo coa celebración do Domingo da Palabra de Dios, o papa Francisco anunciou que o 2024 sería o Ano da Oración, para axudar á Igrexa para prepararse para o Xubileu que terá lugar en Roma en 2025, baixo o lema «Peregrinos da esperanza». Durante a presentación desta iniciativa, o pasado 23 de xaneiro, o responsable do Dicasterio para a Evanxelización do Xubileu, Mons. Rino Fisichella expresou que «non se trata dun Ano con iniciativas particulares; máis ben, dun momento privilexiado para redescubrir o valor da oración, a necesidade da oración diaria na vida cristiá; como orar, e sobre todo como educar a orar hoxe, na época da cultura dixital, para que a oración sexa eficaz e fecunda».
O Dicasterio para a Evanxelización do Xubileu publicou algúns instrumentos útiles para comprender mellor e redescubrir o valor da oración, entre eles unha serie titulada «Apuntamentos sobre a oración», que a Conferencia Episcopal Española encargou á Biblioteca de Autores Cristiáns (BAC). Na actualidade, xa se atopan dispoñibles 4 dos 8 volumes da serie.