Esta mañá, o Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo conmemorou a festividade de Santo Tomás de Aquino, patrón dos teólogos, cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo na capela do Seminario Maior e un acto académico posterior.
Durante a homilía, Mons. Luís Quinteiro animou aos presentes para seguir o exemplo de Santo Tomás que, a pesar de ser coñecido por grandes éxitos e triunfos, sufriu ao longo da súa vida múltiples momentos de renuncia, sufrimento e esforzos. “Esta celebración —explicou o bispo de Tui-Vigo— convídanos a vivir tamén os momentos de Cruz e a saber asumir como ciencia todo o que é experiencia de Deus, é dicir, habemos de converter en ciencia a experiencia persoal que cada un de nós vai tendo da relación e o trato con Deus”.
Tras a eucaristía, no salón de actos, o decano da Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca (UPSA), Francisco García Martínez, impartiu a relatorio «Cristo revelador. A mistagogía primeira da carne», na que presentou a Xesucristo non só como revelador de Deus, senón como camiño e exemplo de como coñecerlle nun mundo que perdeu a experiencia e a relación con Deus.
Sobre o relator
Francisco García Martínez (Toro, Zamora, 1967) foi ordenado presbítero o 18 de setembro de 1993 e é doutor de Teoloxía Dogmática pola Universidade Gregoriana de Roma. Desde o ano 2005, imparte clase na Facultade de Teoloxía da UPSA. Durante cinco anos, foi director do Colexio Maior “Santa María” da UPSA, destinado á residencia de sacerdotes con estudos de posgrao. Autor de nove libros, entre as súas publicacións cabe destacar: La humanidad re-encontrada en Cristo, Salamanca 2006; Jesús el Cristo siempre vivo, Madrid 2009; e El Espíritu, misterio de Dios y del mundo, Madrid 2011. Actualmente, é profesor de Cristología e Misterio de Deus, e decano da Facultade de Teoloxía da devandita Universidade.