20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

A Franqueira celebra a natividade da virxe María

A Franqueira celebra a natividade da virxe María

O venres 8 de setembro, natividade da virxe María, a parroquia da nosa Señora da Franqueira celebrou a festa en honra á súa patroa. Ata o santuario achegáronse centos de romeus para render homenaxe á virxe, xunto ao bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, que presidiu a eucaristía solemne ás 12 horas, seguida de procesión coa imaxe da virxe —no tradicional carro tirado por bois e acompañada polas danzas dos mozos da parroquia— e coa interpretación do «Drama do cristián e o mouro».

Os actos en honra á benaventurada virxe María deron comezo o pasado 1 de setembro co rezo da novena, pero continuarán durante todo o mes de setembro. O domingo 17, celebrarase a tradicional «festa dos poxos», cuxa recadación será destinada á caridade; ademais, haberá misas ao longo de todo o día —pola mañá, ás 9, 10, 11 e 12 e, pola tarde, ás 17 e 18 horas—, sendo a solemne ás 12 horas seguida de procesión; a agrupación «Folieiros de Lavadores», tamén, actuará ese día. Finalmente, o domingo 24 de setembro celebrarase o día das familias no que os matrimonios da parroquia renovarán as súas promesas; haberá misas ás 10, 11, 12 e 17 horas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp