18 de Maio de 2024

,

San Juan I
18 de Maio de 2024

,

San Juan I

Un grupo de asturianos afincado en Vigo celebrou a solemnidade da nosa Señora de Covadonga

Un grupo de asturianos afincado en Vigo celebrou a solemnidade da nosa Señora de Covadonga
Foto: Imagen de la Santina, donada en 1956 a la parroquia de Santiago de Vigo

O venres 8 de setembro, solemnidade litúrxica da nosa Señora de Covadonga  —popularmente coñecida como a Santina—, o templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo acolleu a celebración en honra á patroa de Asturias, organizada polo club «La Penera», formada por un grupo de asturianos afincados en Vigo. A misa estivo presidida polo sacerdote claretiano e párroco do Inmaculado Corazón de María, Alfredo García, CMF, tamén de orixe asturiana.

Mercedes é asturiana e forma parte do club «La Penera», encargada de organizar esta celebración. Para ela, «ao estar fose da terra, é un día moi especial», porque en Asturias hai moita devoción á «Santina» e explica que «en Vigo viven máis de 3 mil asturianos».

Grazas á doazón realizada no ano 1956 polos asturianos afincados en Vigo e financiada pola familia Alfageme, o templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo conta cunha imaxe da virxe de Covadonga. Desde entón, os asturianos afincados en Vigo poden celebrar anualmente a solemnidade da súa patroa.

Foto: Grupo de asturianos con el padre Alfredo, junto a la imagen de la Santina
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp