20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

A Franqueira   celebra a romaría das Pascuillas

A Franqueira   celebra a romaría das Pascuillas
FOTO.- Romería de las Pascuillas en A Franqueira, 2023 | © Diocese de Tui-Vigo

O sábado 11 de maio, a parroquia-santuario da Nosa Señora da Franqueira comeza os actos organizados en honra á súa patroa para celebrar a romaría das Pascuillas, baixo o lema «Coa Virxe María, peregrinos de esperanza». A partir deste día, haberá rezo do rosario e da novena, seguida da eucaristía: de luns a sábado, ás 18:00 horas; e o domingo, ás 16.30 horas.

O luns 20 de maio, día da romaría das Pascuillas, a partir das 9 horas, realizarase a acollida das peregrinacións no Outeiro e celebraranse misas no santuario ás 9.00, 10.00 e 11.00 horas. A as 12 horas, no Outeiro, dará comezo a misa solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo, durante a que se realizará a ofrenda a cargo da parroquia de San Xoán Bautista de Piñeiro no Covelo. Ao finalizar a eucaristía, haberá procesión coas imaxes ata o atrio do santuario.

A partir das 15.30 horas do luns 20 de maio, despedirase ás imaxes que acudise ao santuario peregrinando e a misa de clausura, seguida do canto de sálvea, será ás 18.30 horas.  

Celebracións especiais durante a romaría

Previamente á memoria litúrxica da Benaventurada Virxe María, nai de la Iglesia, día no que se celebra a romaría das Pascuillas, a parroquia-santuario da Franqueira poñerá especial atención en orar polos enfermos, o domingo 12 de maio; pola paz, o mércores 15 de maio; e polas vocacións, o xoves 16 de maio. O sábado 11 de maio, tamén se celebrará unha xornada dos nenos e nenas.

Durante os días 17, 18 e 19, o sacerdote Ramón Lera Alonso, párroco da nosa Señora das Neves en Vigo , San Salvador de Teis  e Santo Ignacio de Loyola en Vigo, predicará o triduo previo á festividade.

O 19 de maio, coincidindo coa solemnidade de Pentecostés, celebrarase misas ás 10.00, 11.00 e 12.00 horas. Pola tarde, ás 16.30 horas, haberá rezo do rosario e novena e eucaristías ás 17.00 e 18.30 horas.

Peregrinación da delegación diocesana de Migracións

O domingo, 26 de maio, a delegación de Migracións da diocese de Tui-Vigo organiza unha peregrinación con persoas migrantes ao santuario da nosa Señora da Franqueira. Tras unha comida de confraternización, ás 15.45 horas, presentaranse as distintas advocacións marianas de cada país ante a virxe da Franqueira. A continuación, ás 17.00 horas, celebrarase a eucaristía, seguida do rezo do rosario. A peregrinación finalizará cunha visita histórica ao santuario.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp