Ante a proximidade do Nadal, o venres 23 de decembro, ás 20 horas, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo organiza, por segundo ano consecutivo, unha saída solidaria para todos aqueles mozos e mozas que queiran acompañar ás persoas sen fogar das rúas de Vigo, co obxectivo de levar a Luz de Cristo que 11 millóns de ledes non pode dar. A convocatoria comezará nos locais que a Pastoral Xuvenil e Universitaria ten na rúa García Barbón, 29 —enfronte á igrexa de Santiago o Maior—.
Desde a delegación convidan a todos os participantes a levar un agasallo e unha postal do Nadal, como un xesto de agarimo que entregarán ás persoas sen fogar que, durante estes días, atópanse na rúa. Ademais de acompañar a quen pasará estas sinaladas datas en soidade, a través desta iniciativa, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria quere espertar a conciencia, a sensibilidade, social entre os máis novos.
