26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

A nosa Diocese ante a crise do coronavirus

A nosa Diocese ante a crise do coronavirus

Ante a situación de actual emerxencia sanitaria creada pola expansión do virus Covid19, as autoridades eclesiásticas decretaron unha serie de medidas destinadas a evitar a propagación desta enfermidade, que na nota dos Bispos de Galicia do pasado 13 de marzo inclúe a chamada a seguir as indicacións das autoridades sanitarias e a dolorosa pero petinente supensión temporal das celebracións pastorais públicas.

Tamén o noso Bispo D. Luis Quinteiro se dirixiu á nosa Diocese coa carta “Camiñemos unidos”, animando a acompañar aos nosos maiores e enfermos dende a preocupación pola gravedade dos momentos que vivimos, pero sen perder de vista a responsabilidade de sacerdotes e fieis por mantérmonos unidos na caridade. Neste sentido, Cáritas Diocesana adopta tamén novas medidas.

O noso Bispo celebra Misa diaria na capela da Residencia,  encomendando aos finados a causa do COVID-19, ás persoas enfermas, ás familias, ao personal sanitario e ás autoridades.

A Conferencia Episcopal Española publicou ademais estas orientacións, co desexo de que sirvan de instrucción e consolo para tódolos fieis nun tempo que nos convida á oración.

Pola súa banda, o 9 de marzo a Santa Sé anunciou a suspensión das celebracións públicas do Papa Francisco, que poden seguirse diariamente por streaming nesta ligazón.

Nestes momentos de crecemento global da pandemia, convídasenos a confiar en que o Señor nunca nos deixa da súa man, senón que sostén a nosa fe e nos convida á conversión. Por este motivo, e perante a dolorosa falta da posibilidade de participar na Misa, convidamos aos fieis a seguila a través dos diversos medios de comunicación recollidos nesta publicación e a manter con especial atención a oración mediante os múltiples recursos que a creatividade pastoral e a solidariedade suscitan neste tempo, á luz do Evanxeo diario que ofrecemos aquí:

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp