12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar
12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar

A Parroquia da Soidade acolle a tradicional bendición das mascotas por San Antón

A Parroquia da Soidade acolle a tradicional bendición das mascotas por San Antón

Para satisfacer a petición que cada ano realizan numerosas persoas, o párroco da viguesa Parroquia Nosa Señora da Soidade, mons. Alberto Cuevas, realizará ás 18:00h. do vindeiro venres día 17, no atrio do templo do Castro, a tradicional bendición das mascotas co gallo da celebración do día de Santo Antón, patrón dos gandeiros, veterinarios e protector dos animais.

Santo Antón converteuse en protector dos animais por ter convivido con eles durante moitos anos da súa vida. E os que veneramos á Virxe “na súa soidade”, alén de bendicir a tódolos animais de compañía, “queremos sobre todo dar ánimos e mostrar proximidade ás persoas que moitas veces, vivindo soas, se consolan unicamente coa compañía das súas mascotas; que saiban que tamén nós estamos ao seu carón”, declara o párroco.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp