23 de Abril de 2024

,

San Jorge
23 de Abril de 2024

,

San Jorge

Aberta a inscrición para o curso rexional de Pastoral da Saúde

Aberta a inscrición para o curso rexional de Pastoral da Saúde

Baixo o lema «Con Xesús sanamente», o Secretariado Interdiocesano de Pastoral da Saúde de Galicia organiza un curso rexional, o sábado 14 de outubro, de 09.45 a 18 horas, no auditorio Pascual Veiga, en Mondoñedo. Este encontro formativo finalizará coa celebración da eucaristía na catedral de Mondoñedo.  

O curso está pensado para voluntarios de Pastoral da Saúde, Hospitalidade de Lurdes, grupos parroquiais, familias de enfermos, persoal sanitario, coidadores, empregados de residencias e centros asistenciais, consagrados, sacerdotes, seminaristas e persoas interesadas.

inscrición, que estará aberta ata o 9 de outubro, ten un custo individual de 25  euros —inclúe a comida—. Os interesados en participar deben poñerse en contacto co delegado diocesano de Pastoral da Saúde de Tui-Vigo, Benito Rodríguez, a través do número de teléfono: 608 28 06 55.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp