26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

A parroquia de Santa Teresa en Vigo necesita adoradores para completar as quendas da Adoración Eucarística Perpetua

A parroquia de Santa Teresa en Vigo necesita adoradores para completar as quendas da Adoración Eucarística Perpetua

A parroquia de Santa Teresa de Vigo busca adoradores para completar os quendas vacantes da Adoración  Eucarística Perpetua. Desde setembro de 2015, nesta comunidade parroquial han comezado con diversas quendas de adoración e, ata o de agora, conseguiron expoñer o Santísimo  Sacramento durante 48 horas seguidas, desde as dez da mañá dos venres e ata as seis da tarde do domingo.

Mariví Álvarez, unha das persoas responsables desta iniciativa, conta que «na primeira viaxe que fixen a  Medjugorje, no ano 2012, vinme moi impactada cun desexo que a Virxe puxera no meu corazón: traballar para poder poñer en marcha unha Adoración  Eucarística». Grazas a esta inquietude coñeceu a David Zapatero, tamén responsable, e máis adiante ao párroco de Santa Teresa, Manuel Ángel Rodríguez. Xuntos iniciaron este camiño acompañados polo pai Xusto A.  Lofeudo, misioneiro da Santísima  Eucarística e promotor das Capelas de Adoración  Eucarística Perpetua en todo o mundo.

As quendas organízanse en fraccións dunha hora, porque «estando no Horto das Oliveiras a noite de agonía, Jesús díxolles aos seus discípulos: “non puidestes velar comigo sequera unha hora ( Mt 26, 40)”», explica  Mariví. O número de adoradores en cada franxa horaria é de dúas ou tres persoas.

Con máis de 200 participantes, aínda necesitan cubrir varias quendas de noite desde:

  • As 19 h. do domingo a 10 h. do luns
  • As  20 h. do luns a 10 h. do martes
  • As 20 h. do martes a 10 h. do mércores
  • As 20 h. do xoves a 10 h. do venres

Aquelas persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto a través do correo electrónico, adoracionperpetuavigo@gmail.com,  ou chamando ao teléfono 644 21 63 82.

Actualmente, no medio da situación sanitaria que se está vivindo, desde a organización e a parroquia adaptouse o templo ás medidas de hixiene e seguridade:  dispensador de xel desinfectante na entrada do recinto; apertura permanente da porta de acceso ao templo, salvo nas horas da madrugada; organización dos bancos garantindo a separación de 1,5 metros;  higienización e limpeza periódica dos bancos; e uso de máscara obrigatoria. Ademais, suprimíronse os libros, rosarios e outros materiais que eran de uso común para os adoradores.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp