18 de Abril de 2026,
San Perfecto

Aínda non te decataches de cales son as accións do novo Plan Pastoral?

Aínda non te decataches de cales son as accións do novo Plan Pastoral?

A Vigairía de Pastoral da Diocese de Tui-Vigo pon ao dispor de toda a Diocese un vídeo que resume as principais accións do novo Plan Pastoral para o curso 2020-2021: retomar as accións do curso pasado que a pandemia impediu realizar; fortalecer a rede diocesana de Cáritas; impartir un curso de Comunicación institucional e  potavocía; e celebrar unha confirmación comunitaria por zonas.

O vídeo, ademais, inclúe unha mensaxe do bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, que agradece a participación de familias, catequistas e laicos que colaboran diariamente coa Iglesia permitíndolle desenvolver todas as súas actividades. Ao agradecemento, súmase a invitación para continuar camiñando con esperanza e en comunidade.