Despois de 20 meses de pandemia e baixo o lema «Este Nadal, cada portal importa», Cáritas quere achegarse a unha sociedade ferida, moito máis pobre, fráxil e vulnerable, composta por 11 millóns de persoas que se atopan nunha situación de exclusión social en España —2,5 millóns máis que en 2018— propiciando unha profunda pegada de desesperanza en moitas familias, en moitos fogares, en moitos portais.
A institución caritativa da Igrexa lembra que “o tempo de Nadal tráenos unha nova oportunidade para deixar nacer o que somos e compartilo co resto de persoas” e propón tres craves para vivir estes días dunha maneira máis solidaria: celebrar e agradecer, pero tamén queremos ter presentes e moi preto a todas as persoas e familias que non chegan a fin de mes, que non saben se poderán reunirse e brindar por novas oportunidades; aprender a mirar aos demais como persoas, dignas dos mesmos dereitos humanos e da mesma capacidade de amar e de ser amadas. ; e construír unha comunidade que coide e celebre o encontro e a vida desde o amor, desde a solidariedade e a compaixón que nos habitan.
Desde Cáritas diocesana de Tui-Vigo poñen diversos materiais gráficos ao dispor de parroquias, movementos, asociacións e outras institucións eclesiais que queiran visibilizar o lema e a misión de Cáritas durante estas datas nas que a Igrexa se prepara para celebrar a vinda do Mesías.