12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

Encontro de formación para «vocacionalizar a pastoral diocesana»

Encontro de formación para «vocacionalizar a pastoral diocesana»

«Vocacionalizar a pastoral diocesana» é o título do encontro de formación que organiza a delegación de Pastoral Vocacional o sábado 23 de marzo, de 10.30 a 13.30 horas no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo. Con esta iniciativa que clausura o «mes vocacional», a delegación diocesana quere xerar un espazo no que poder reflexionar sobre a beleza, a alegría e a actualidade da vocación.

O encargado de impartir esta formación será o sacerdote José Benito Gallego Marchante, que pertence á Irmandade de Sacerdotes Operarios Diocesano do Corazón de Xesús. Natural de El Toboso (Toledo), José Benito foi ordenado no ano 2005 e, desde entón, desenvolveu o seu ministerio no ámbito da educación e dos seminarios. Na actualidade, é reitor do templo eucarístico de Santa Catalina Mártir en Valencia e é membro do servizo de Pastoral Vocacional da Conferencia Episcopal Española.

Tal e como lembra Anxo Carniceiro, delegado de Pastoral Vocacional de Tui-Vigo, este encontro de formación, así como a Xornada Vocacional para a mocidade que se levou a cabo o 16 de marzo, son «unha oportunidade para reflexionar sobre a vocación cristiá á que todos fomos chamados; unha vocación que para cada un de nós se colorea cunha modalidade especial». Ambas as propostas enmárcanse dentro da campaña do Día do Seminario que, baixo o lema «Pai, envíanos pastores», a Igrexa en España celebra ao redor da solemnidade de san Xosé, o 19 de marzo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp