9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Foro sobre o traballo digno desde a Doutrina Social de la Iglesia

Foro sobre o traballo digno desde a Doutrina Social de la Iglesia

O sábado 21 de outubro, de 10 a 18.30 horas, no colexio da Compañía de María en Santiago de Compostela, a asociación cultural Encrucillada organiza o XXXVII Foro Encrucilllada sobre traballo digno que contará cun  relatorio impartido polo bispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Fernando García.

O programa previsto para a xornada comezará, ás 10 horas, cunha  presentación realizada por Tito Suárez Pérez. A continuación, abrirá as ponencias o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Fernando García, con «O traballo á luz do pensamento do papa Francisco». O militante da IOAC-HOAC, Francisco Porcar, impartirá o relatorio «O traballo na Doutrina Social de la Iglesia». Finalmente, en representación da Fundación Juan Soñador, Eloína Ingerto, ofrecerá a conferencia «Unha vida digna, un traballo digno».

O XXXVII Foro Encrucillada finalizará cun breve momento de reflexión persoal, no que haberá espazo para compartir o testemuño de persoas que traballaron a favor do dereito ao traballo digno.

Para máis información, os interesados poden consultar a web da asociación —http://www.encrucillada.gal/— ou chamar ao número de teléfono: 604 079 102.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp