12 de Maio de 2024

,

San Nereo y san Aquiles
12 de Maio de 2024

,

San Nereo y san Aquiles

Inauguramos nova sección sobre o Xubileu 2025 na web diocesana

Inauguramos nova sección sobre o Xubileu 2025 na web diocesana

Hoxe, venres 26 de abril, inaugúrase unha nova sección na web da diocese de Tui-Vigo con información relativa ao Xubileu do ano 2025, en Roma, que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza». Poderase acceder á sección a través do menú principal da web, no apartado «Pastoral».

A través desta sección da web, poderase acceder de forma fácil e sinxela aos diferentes recursos e ferramentas que a Conferencia Episcopal Española e o Dicasterio para a Evangelización do Xubileu 2025 poñen ao dispor dos fieis, como os Cuadernos del Concilio, os Apuntes sobre la oración ou o subsidio Enséñanos a orar. A sección irase actualizando a medida que se vaia xerando novos recursos ou información sobre este gran acontecemento da Igrexa católica.

Daniel Goberna, delegado diocesano para o Xubileu 2025, explicou que «estamos a camiñar e desde a diocese van realizar distintas peregrinacións a Roma ao longo do ano 2025, que se concretarán nos próximos meses. Tamén nesta sección da páxina web comunicaranse novas accións durante as próximas semanas e meses».Inauguramos nova sección sobre o Xubileu 2025 na web diocesana

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp