26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

ITD de Tui-Vigo celebra a Xornada Mundial polo Traballo Decente

ITD de Tui-Vigo celebra a Xornada Mundial polo Traballo Decente
Foto: Cartel creado por Iglesia por el Trabajo Decente para la Jornada del 2021.

Co obxectivo de visibilizar a Xornada Mundial polo Traballo Decente, a delegación diocesana de Iglesia polo Traballo Decente ha organizado tres celebracións litúrxicas que terán lugar en diferentes templos da cidade de Vigo desde este domingo 3 de outubro ata o vindeiro sábado 9 de outubro.

A primeira destas celebracións levarase a cabo no templo parroquial Cristo da Victorio —situado na Rúa Baiona— este domingo ás 12:30 horas. A seguinte, o xoves 7 de outubro, coincidindo coa Xornada Mundial do Traballo Decente, será no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús ás 20 horas. Finalmente, a terceira e última das celebracións está prevista para o sábado9 de outubro ás 10 horas , na igrexa dos Apóstolos.

Ademais destas tres celebracións, Iglesia polo Traballo Decente ha desenvolto unha serie de materiais de traballo para os centros educativos da diocese co obxectivo de dar a coñecer a situación de emprego en España, así como a necesidade de defender un traballo decente. Os materiais poden descargarse a través do seguinte  link.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp