O Cine Teatro Salesianos de Vigo proxecta a película «Medjugorje. La película» que narra a historia real de dous novos xornalistas que en 2006 son enviados a Medjugorje cando os feitos eran aínda pouco coñecidos en España.
Para quen estea interesados en asistir, Cinema Teatro Salesianos pon ao dispor do público dúas sesións durante o venres 1 e o sábado 2 de outubro: a primeira ás 17:00 e a segunda ás 20:15 horas. A venda de entradas, cuxo custo será de 5€, abrirá 45 minutos antes de cada función.
SINOPSE
«Medjugorje, a película» é unha iniciativa da Fundación Gospa Arts. Dirixida por Jesús García, un dos maiores coñecedores en España do fenómeno Medjugorje, e Borja Martínez-Echevarría, gañador do III Premio Avogados de Novela, a película constrúe un relato ao redor das supostas aparicións marianas que se deron en Medjugorje desde 1981 ata os nosos días. « Medjugorje, a película» conta a historia real de dous novos xornalistas que en 2006 son enviados a Medjugorje cando os feitos eran aínda pouco coñecidos en España. Unha semana despois regresan cunha experiencia transformadora que contar.
Xunto con esta trama en primeira persoa, a película indaga nas investigacións do Vaticano, a experiencia dos videntes e conta con testemuños de alto impacto como o da mediática Tamara Falcó ou a escritora María Vallejo- Nágera.