9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

«Laicos por vocación, chamados á misión», lema do Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar

«Laicos por vocación, chamados á misión», lema do Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar

O 19 de maio, solemnidade litúrxica de Pentecostes, a Igrexa en España celebra o Día da Acción Católica e o Apostolado Segrar, baixo o lema «Laicos por vocación, chamados á misión», que propón a Comisión para Laicos, Familia e Vida da Conferencia Episcopal Española.

Co obxectivo de que as parroquias se unan tamén a esta celebración durante a eucaristía dominical do 19 de maio, a delegación episcopal de Apostolado Segrar elaborou para párrocos e fieis da diocese o subsidio litúrxico —en castelán e galego—. A este subsidio, tamén se suman os materiais catequéticos e de reflexión, creados pola Conferencia Episcopal Española, así como a mensaxe dos bispos.

Ademais dos materiais, a delegación episcopal de Apostolado Segrar e o Consello de Laicos da diocese de Tui-Vigo organizan a XLI Semana diocesana de Apostolado Segrar do 13 ao 19 de maio.  Na carta enviada a párrocos, axentes de pastoral e responsables de asociacións e movementos apostólicos, Juan José González, delegado episcopal de Apostolado Segrar de Tui-Vigo, explica que as actividades seguen «a proposta do papa Francisco para a preparación do próximo Ano Xubilar, polo que oración estará presente dunha maneira especial». Neste sentido, as conferencias e iniciativas organizadas «poden axudarnos a recuperar o desexo de estar na presenza do Señor, de escoitarlle e adoralo».

Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar

Materiais 2024

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp