9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Matamá celebra a romaría na honra a san Mauro

Matamá celebra a romaría na honra a san Mauro
Foto: Interior de la ermita de san Mauro | © Alberto J. Santos para "Vigo en fotos".

O luns 15 de xaneiro, a parroquia de San Pedro de Matamá  celebra a romaría na honra a San Mauro  con misas ao longo de todo o día na capela dedicada ao santo: pola mañá, ás 9, 10, 11 e 12 horas; e, pola tarde, ás 17 e 18 horas. Ás 12 horas, será a misa solemne, que será cantada pola coral Atlántida de Matamá .

O sábado 6 de xaneiro, a imaxe de san Mauro foi trasladada desde a capela ata o templo parroquial de San Pedro de Matamá , para o rezo da novena —todos os días, tras a misa de diario que comeza ás 18.30 horas—. A véspera da romaría, é dicir, o domingo 14 de xaneiro, a imaxe do santo será trasladada novamente á capela, ao termo da misa cantada das 12.30 horas.

A parroquia de San Pedro de Matamá  lembra que, durante os «domingos de san Mauro », é dicir, o 21 e 28 de xaneiro e o 4 e 11 de febreiro tamén haberá misa en honra ao santo ás 17.30 horas —como de costume, celebrarase a eucaristía dominical tamén ás 10 e 12.30 horas—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp