26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Mons. Luís Quinteiro: «É un momento para agradecer desde a Igrexa o esforzo de SEPT»

Mons. Luís Quinteiro: «É un momento para agradecer desde a Igrexa o esforzo de SEPT»

O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, agradeceu á editorial Sociedade  de Estudos , Publicacións e Traballos (SEPT) todos os esforzos realizados para conseguir publicar a IV edición da Biblia en galego que se presentou o pasado mércores 26 de outubro, no salón de actos da sede Afundación de Vigo. Neste acto participaron, ademais do prelado de Tui-Vigo, Francisco Domínguez, presidente de SEPT, e Xosé Fernández, esexeta e supervisor desta IV edición.

Tal e como expresou o bispo de Tui-Vigo, «es un momento para agradecer desde a Igrexa o esforzo inmenso de SPET, de   os teólogos, tradutores e esexetas que traballaron na edición da Biblia en galego, así como da Xunta  de Galicia», que desde o inicio do século pasado han colaborado na promoción dunha Biblia en galego.  Neste sentido, Luís Quinteiro destacou que se trata de «un proxecto excepcional no que temos que facer referencia a eses cristiáns comprometidos co idioma, coa nosa historia, que son en realidade a historia dun movemento galeguista moi maduro, consecuente e xeneroso»

Tanto Francisco Domínguez como Xosé Fernández repasaron como se foi desenvolvendo, desde a primeira á última, o traballo de creación do texto da Biblia en galego. Francisco Domínguez tamén explicou as causas que motivaron esta nova edición: la falta exemplares da Biblia e a necesidade de adaptar o texto ás novas normas lingüísticas.

Desde o 12 de xullo de 2022, por un custo económico de 35 euros, as persoas interesadas poden adquirir esta nova edición da Biblia en galego a través das librerías ou directamente coa editorial a través do correo electrónico editorialsept@gmail.com.

Presentación de la IV edición de la Biblia | © Diocese de Tui-Vigo
El miércoles 26 de octubre, Vigo acogió la presentación de la IV edición de la Biblia editada por la editorial SEPT
« de 6 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp